Proxecto «Valórate»
- 14 agosto, 2023
- Publicado por: cimoxestionweb
- Categoría: Programas
Valórate é un proxecto que se basea na execución de diferentes obradoiros e accións grupais atendendo ás necesidades dunha parte da poboación reclusa do centro Penitenciario Pereiro de Aguiar (Ourense), co fin de que as persoas beneficiarias adquiran unha serie de habilidades que lles poidan ser de utilidade e lles sirva para afrontar a vida fora de prisión.
O proxecto ten un obxectivo resocializador e de adaptación, axudándolles a adquirir certa autonomía de movementos logo da prisionización vivida por cada un/a de eles/as.
Obxectivo Xeral: Adquirir habilidades sociais, para facilitar a súa incorporacion a vida en liberdade, incrementando a capacidade individual de cada recluso/a para que sexa capaz de desenvolverse con seguridade en determinadas circunstancias (control de emocións, asertividade, procura de emprego, resolución de conflictos,…), partindo desde dentro de prisión cara ao seu futuro no exterior.
Obxectivos específicos:
- Socioeducativo: Posibilitar un proceso de habilitación e integración comunitaria mediante un plan de intervención psicoeducativo dos usuarios.
- Integrador: Posibilitar que a través dunha resocialización diminúa o tempo de estancia en prisión, evitando máis consecuencias negativas desocializadoras.
- Socializador: Substituír situacións de reincidencia e/ou formas de vida inadaptadas por outras máis acordes ao contexto social.Formador: Capacitar con coñecementos teorico-practicos en formación prelaboral (“actividades de venda” e “alfabetización dixital” ) coa finalidade de facilitar a reinserción laboral dos internos unha vez cumprida a pena privativa de liberdade.
Destinatarios/as: Os destinatarios serán 25 reclusos/as do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar (Ourense).
Temporalidade: O proxecto desenvolverase durante o ano 2023.
Dito programa desenvolvese co cofinanciamento da Deputación Provincial de Ourense.