Acreditación das competencias profesionais
Mellora o teu futuro profesional e obtén un certificado válido en toda España que demostra a túa experiencia e coñecemento a través do procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais (Procedemento ARA)
Requisitos de participación
Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias acreditables.
Experiencia laboral
Nivel 1: máis de 18 anos con 2 anos de experiencia e 1200 horas traballadas.
Nivel 2 e 3: máis de 20 anos con 3 anos de experiencia e 2000 horas traballadas.
Formación non formal
Nivel1: máis de 18 anos con un mínimo de 200 horas de formación.
Nivel 2 e 3: máis de 20 anos con un mínimo de 300 horas de formación.
As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a inscrición.
Como realizar unha solicitude
A solicitude de participación no (procedemento ARA) deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Previamente deberán cubrirse os datos correspondentes a través da aplicación informática ACREDITA: http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita
Prazo de solicitude
Procedemento aberto con carácter permanente
Máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita