Noticias
O Proxecto ACTÍVATE PARA EMPRENDER, é un proxecto que está destinado a mozos e mozas menores de 35 anos, que contemplen o emprendemento como unha opción de futuro.
Obxectivo Xeral: O Proxecto ACTÍVATE PARA EMPRENDER é unha iniciativa de CIMO, que ten como finalidade detectar as diferentes fontes xeradoras de ideas empresariais e ofrecer ferramentas para axudar a avalialas, así como achegar aos mozos e mozas a cada un dos pasos necesarios para transformar unha idea nun proxecto de empresa.
Destinatarios/as: As persoas destinatarias serán 25 mozos e mozas, maiores de 16 e menores de 35 anos.
Actividades que se levan a cabo:
- Actividade Fórmate: Obradoiro «Aprender a emprender» (20 e 21 de Setembro de 2023):
- O plan de empresa.
- Trámites de constitución da empresa. Tipos de empresas.
- Onde e como encontrar financiamento.
- Actividade Asesórate: Titorías individuais de asesoramento para o emprendemento: Xestión de trámites de constitución, asesoramento na elaboración do plan de empresa, axudas e subvencións para emprendedor@s (Aberto o prazo durante todo o ano).
O devandito programa desenvólvese co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude – Xunta de Galicia.
Inscríbete ou solicita cita previa no correo autoemprego@cimo.org ou no teléfono 988391515 (tamén atendemos por WhatsApp)
Me interesa ir a esa formación
Buenos días Victoria,
Para anotarte a la formación, puedes llamar a nuestra oficina (988391515) y dejar los datos de contacto para realizar la inscripción.
Un saludo.