Programas Fondo Social Europeo
Programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que combina accións de información e orientación, formación e intermediación laboral.
Programa que ten como finalidade a realización de actuacións que permitan unha integración sociolaboral efectiva a persoas que están en risco de exclusión social a través de itinerarios de inclusión sociolaboral e de adquisición e mellora das competencias profesionais.
É un proxecto que surxe para espertar o interese pola iniciativa empresarial como medida de fomento da cultura emprendedora e desenvolver as capacidades emprendedoras daquelas persoas que se atopan en desemprego, poñendo en valor deste xeito o emprendemento e as iniciativas.
É un proxecto de acción social no que se integran diferentes actividades todas elas orientadas a dar cobertura en materia de emprego a aquelas persoas en situación de exclusión social.