Programa Anduriña
Na execución do presente proxecto búscase como obxectivo principal, a integración no mercado laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas no Servicio Público de Emprego de Galicia, coa finalidade que se produza unha mellora tanto da situación laboral como familiar das mulleres participantes. O progama estará vixente dende 01/10/2021 ata 30/06/2022.
Obxectivo: CIMO comprometese acadar a inserción laboral de alo menos o 22 % das mulleres participantes no programa.
ACTUACIÓNS
- Itinerarios de inserción:
- Entrevista ocupacional ou de diagnóstico
- Orientación para o emprego
- Información socio laboral
- Xestión da demanda de emprego/prospección de empresas
- Formación para o emprego, acción formativa:
- Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos (Duración: 8 Horas)
O obxectivo desta formación é acadar as competencias necesarias para poder informar o consumidor sobre os alérxenos que conteñen os alimentos, así como facer unha correcta manipulación dos mesmos en empresas con actividade alimentaria
- Operacións básicas de cociña (Duración: 40 Horas)
O programa formativo a impartir sería o seguinte:
- Módulo 1: Aprovisionamento, preelaboración e conservación culinarios.
- Módulo 2: Elaboración culinaria básica.
- Módulo 3: Prácticas Profesionais non laborais.
- Técnicas de coaching aplicadas a la procura de emprego (Duración: 8 Horas)
Obxectivos: Adquirir as competencias necesarias para aplicar as técnicas e ferramentas de coaching para a busca de emprego.
- Técnicas de busca de emprego eficaz (Duración: 8 Horas)
- Módulo 1: Elaboración e adaptación do currículo ao posto demandado.
- Módulo 2: Superar unha entrevista de traballo
- Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (Duración: 40 Horas)
O programa formativo a impartir sería o seguinte:
- Módulo 1: Realizar a limpeza, de solos, paredes e teitos en edificios e locais
- Módulo 2: Levar a cabo a limpeza do mobiliario ubicado no interior dos espazos a intervir
- Módulo 3: Realizar a limpeza de cristais en edificios e locais
- Módulo 4: Realizar a limpeza e tratamento de superficies en edificios e locais utilizando maquinaria
- Módulo 5: Prácticas Profesionais non laborais.
BOLSAS PARA AS PARTICIPANTES DO PROGRAMA
As beneficiarias do programa contarán cunha axuda económica para compensarlle os gastos de transporte e desprazamento (50 € / mes, sempre que acredite a súa participación activa no programa.
MÁIS INFORMACIÓN:
CIMO, Entidad Prestadora de Servicios
Rúa Curros Enriquez, rotonda; 32004 Ourense
Tel. 988 39 15 15