Noticias
Programa Conectad@s
Este proxecto vai destinado a mozos de entre 12 e 18 anos que realicen estudos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e/ou Formación Profesional ou que residan nun centro de menores.
- Obxectivo: Sensibilizar ás persoas mozas sobre a adicción ás novas tecnoloxías e o xogo en liña. Concienciar sobre o uso abusivo das novas tecnoloxías e os xogos en liña e o seu impacto na vida social e laboral.
- Tipo de programa: Sensibilización. Charla presencial.
- Prezo: Formación gratuíta, financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e organizado por Red Araña.
- Data de realización: Sesións a desenvolver antes de 31/12/2021.
- Contido da sesión de sensibilización: Os contidos para tratar nas charlas serán os seguintes:
- As vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías, así como a imaxe que se proxecta a través das redes sociais; e a análise de patróns de comportamento e efectos que presenta unha persoa con adicción ás novas tecnoloxías, ao uso do móbil e ao xogo, co obxectivo de concienciar o recoñecemento dos devanditos patróns entre os seus iguais, e de que visibilicen as implicacións que iso pode ter no ámbito social e laboral.
- Factores de risco e sinais de alarma.
- Estratexias de prevención.
- Información e inscrición: Para solicitar a túa participación nesta acción de formación ou recibir máis información podes contactar no correo orientacion.laboral@cimo.org ou chamarnos ao teléfono 988 39 15 15.