Noticias
Proxecto Anduriña
Na execución do presente proxecto búscase como obxectivo principal, a integración no mercado laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero, coa finalidade que se produza unha mellora tanto da situación laboral como familiar das mulleres participantes.
Obxectivo: Insertar laboralmente ao 21 % das mulleres participantes no programa (2).
ACTUACIÓNS QUE SE TEN PREVISTO DESENVOLVER
Itinerarios de inserción:
-
- Diagnóstico competencial e deseño dun plan de acción personalizado para a busca de emprego.
- Orientación profesional e asesoramento laboral: obradoiros de entrevista, elaboración CV, técnicas de busca de emprego, asesoramento formativo, etc.
- Busca activa de emprego con acompañamento e seguimento da dita busca.
- Intermediación laboral e contacto con empresas
- Realización de prácticas profesionais non laborais ou similar.
- Seguimento da inserción nas empresas e avaliación do traballo realizado.
- Asesoramento e formación en emprendemento.
Formacións para o emprego, accións formativas:
- Competencias dixitais para a vida e o emprego (Duración: 10 Horas)
- Atención no punto de venda (20 horas), complementadas con 20 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas
- Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (20 horas), complementadas con 20 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas.
OBRIGAS DAS PERSOAS PARTICIPANTES
- Participar de forma activa no seu itinerario de inserción laboral, asistindo polo menos a 6 entrevistas de carácter individual.
- Realizar 2 accións grupais (talleres ou formación para o emprego).
- A comunicar de inmediato a CIMO calquera modificación nos seus datos de contacto (enderezo, teléfono, mail, etc.), así como de calquera modificación na súa dispoñibilidade para a colocación.
BOLSAS PARA AS PARTICIPANTES DO PROGRAMA
As beneficiarias do programa contarán cunha axuda económica de 50 € ao mes, para compensarlle os gastos de transporte, desprazamento, teléfono e Internet, sempre que acredite súa inclusión e participación activa no programa durante un mínimo de vinte (20) días ao mes.
INSCRIPCIÓN: a través do email orientacion.laboral@cimo.org ou no teléfono 988 39 15 15