Proxecto «Integra-T»
- 15 octubre, 2023
- Publicado por: CIMO
- Categoría: Programas Programas Fondo Social Europeo
O Programa Integra-T está destinado a intervención con colectivos en situación ou risco de exclusión social, e o obxetivo final do programa é fomentar a súa insercción laboral e social, á autonomía económica e á participación social.
Integra-T é unha ferramenta esencial nos procesos de recuperación personal, composto por itinerarios de inserción que serán fundamentais para acadar o noso obxetivo final.
Os itinerarios de inserción estarán compostos por un conxunto de accións ou actuacións que se iniciarán e articularán mediante un proceso de orientación personalizado que incluirá unha fase de diagnóstico individual onde se establecerá o perfil profesional de cada unha das persoas demantantes.
Ademais dos itinerarios individual, tamén ten moita importancia a adquisición de fortalecemento das capacidades persoais e sociais:
- Habilidades sociais para a busca de emprego e ante unha entrevista de traballo.
- Alfabetización dixital básica.
- Formación cara o emprendimento.
- Mellorar a economía familiar.
- Formación laboral e realización de prácticas laborais.
Obxectivos específicos:
- Aumentar a empregabilidade das persoas mediante a orientación e a formación profesional, a adquisición de hábitos laborais, e o acompañamento cara ao emprego.
- Mellorar a capacidade de inserción profesional das persoas en risco de exclusión social e laboral a través da formación demandada polo mercado de traballo.
- Promover a inserción laboral dos colectivos máis vulnerables a través de servizos de orientación e acompañamento cara ao emprego.
- Facilitar información, propiciando o achegamento aos recursos dispoñibles no contexto sociolaboral das persoas beneficiarias, co fin de acceder a informacións e actividades que poidan axudar á inserción e mantemento sociolaboral.
- Promover a autonomía, facilitando o desenvolvemento persoal e profesional das persoas beneficiarias, é dicir, dos seus recursos, habilidades e competencias, que lle permitan identificar opcións, elixir entre as mesmas.
- Desenvolvemento persoal/social e profesional. Este desenvolvemento terá lugar grazas á consecución das metas profesionais e persoais.
- Planificación e organización na procura de emprego, optimizando as actividades que a persoa pon en marcha para conseguir a súa inserción profesional.
- A formación. Deseñando actividades de formación para o emprego e prácticas non laborais axustadas ao perfil das persoas participantes e aos requisitos do mercado laboral.
- Facilitar a inserción laboral a través da intermediación entre as persoas e o mercado laboral efectivo e o apoio a iniciativas empresariais, potenciando o traballo en rede a través da mediación sociolaboral.
- Apoiar ás persoas para atopar un emprego digno e os empregadores á contratación dos traballadores apropiados para satisfacer as súas necesidades.
- O mantemento a través da activación e a axuda para atopar formas de manterse en activo dentro do mercado de traballo adquirindo unha serie de coñecementos, destrezas e actitudes asociadas ao dominio do contexto laboral, a través da formación e seguimento no posto de traballo.
- Facilitar experiencia laboral a través da xeración de emprego e apoiar iniciativas de emprego para colectivos vulnerables.
- Reforzar as políticas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no emprego.
Destinatarios/as: O colectivo destinatario serán homes e mulleres beneficiarios das accións do Plan Galego de Inclusión Social, persoas perceptoras da renda de Inclusión Social (ou membros da súa unidade de convivencia, persoas en situación de risco ou exclusión social derivadas da rede de equipos de inclusión social e todas aquelas persoas afectadas por factores de exclusión social (59 persoas).
Temporalidade: O proxecto desenvolverase dende outubro de 2023 a abril do 2025.
Dito programa desenvolvese co apoio da Consellería de Politica Social e Xuventude da Xunta de Galicia, e cofinanciada con cargo ao Programa Operativo FEDER/FSE Galicia 2023-2027.