É un proxecto que surxe para espertar o interese pola iniciativa empresarial como medida de fomento da cultura emprendedora e desenvolver as capacidades emprendedoras daquelas persoas que se atopan en desemprego, poñendo en valor deste xeito o emprendemento e as iniciativas.
É un proxecto de acción social no que se integran diferentes actividades todas elas orientadas a dar cobertura en materia de emprego a aquelas persoas en situación de exclusión social.
Dito programa é unha forma de informar, asesorar, apoiar e motivar as persoas desempregadas para interactuar nun contexto de confianza onde compartiran experiencias, formación e información que melloren notablemente as posibilidades de procura de emprego e o desenvolvemento de proxectos propios de autoemprego.